Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7423

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 6 de febreiro de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas, pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas

Tribunal titular:

Presidencia:

– Roberto Suárez Vázquez, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as agrónomos.

Secretaría:

– Simón Rego Vilar, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Francisco de la Paz de la Paz, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas.

– Emilio Mera González, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas.

– Sofía Vales Fernández, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Secretaría:

– Marta Figueiras García, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Belén Hernández Lafuente, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as agrónomos.

– Fernando Veiga Aguiar, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de montes.

– Beatriz Almudena García de Francisco, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.