Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2014, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se somete a información pública o expediente de modificación do contrato de xestión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0224; XG-010, entre Ourense e A Ponte por Bóveda.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, modificada pola Lei 9/2013, do 4 de xullo, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación do contrato de xestión do servizo público: V-0224; XG-010, entre Ourense e A Ponte por Bóveda, da titularidade de Autos González, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Ourense (rúa José Ángel Valente, 2, baixo, 32003 Ourense), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.ourense@xunta.es

Ourense, 14 de xaneiro de 2014

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense