Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2013/94).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 19,1º dta., 15004 A Coruña.

Denominación: reforma CT e RBT Guitoi.

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas:

Novo CT tipo intemperie sobre apoio de formigón tipo HVH-13/2500, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 15-20/0,4-0,230 kV, que substituirá o CT existente de tipo caseta Guitoi.

Reforma da rede de baixa tensión existente, con orixe no novo CT, cunha de lonxitude de 688 m, con instalación de 9 apoios novos tipo HV e condutores tipo RZ-0,6/1 kV 3×95 Al+54,6 Alm (606 m), RZ-0,6/1 kV-3×50 Al+54,6 Alm (66 m) e RZ-0,6/1 kV 2×25 (16 m).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña