Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de explotación da cafetaría no centro sociocomunitario de Vilalba (expediente 121/2013) e da cafetaría no centro sociocomunitario de Ribadeo (expediente 122/2013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3. Teléfono: 982 29 41 01. Fax: 982 29 49 74.

4. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

5. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Nº de expedientes: 121/2013 e 122/2013.

2. Obxecto dos contratos:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición:

Expte. 121/2013. Contratación do servizo de explotación da cafetaría no centro sociocomunitario de Vilalba (Lugo).

Expte. 122/2013. Contratación do servizo de explotación da cafetaría no centro sociocomunitario de Ribadeo (Lugo).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

Expte. 121/2013. Centro sociocomunitario de Vilalba; praza da Constitución, s/n, 27800 Vilalba (Lugo).

Expte. 122/2013. Centro sociocomunitario de Ribadeo; rúa Ibáñez, s/n, 27700 Ribadeo (Lugo).

e) Prazo de execución: un (1) ano.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55330000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: véxanse os pregos.

4. Canon de licitación:

Expte. 121/2013. Cafetaría do centro sociocomunitario de Vilalba: 500,00 € anuais.

Expte. 122/2013. Cafetaría do centro sociocomunitario de Ribadeo: 500,00 € anuais

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva:

Expte. 121/2013. Cafetaría do centro sociocomunitario de Vilalba: 1.000,00 €.

Expte.122/2013. Cafetaría do centro sociocomunitario de Ribadeo: 1.000,00 €.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: véxanse os pregos.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo; rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 27 de xaneiro de 2014

P.D (Orde do 19.8.2009)
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo