Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2014 polo que se somete ao trámite de información pública a modificación do Plan sectorial da rede viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas (clave AC/12/116.00).

Por Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 3 de febreiro de 2014 aprobouse provisionalmente a modificación do Plan sectorial da rede viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas, clave AC/12/116.00.

Antecedentes:

O proxecto orixinario, denominado Plan sectorial da rede viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas, foi declarado como de incidencia supramunicipal, por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de xullo de 2001, declaración que é válida en virtude do artigo 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, tanto para o proxecto orixinal, como para as modificacións.

O pasado 1 de abril de 2013 remitiuse á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o documento de inicio desta modificación do plan sectorial, para que servise de consulta acerca da necesidade ou non de sometemento da presente modificación ao procedemento de avaliación de impacto ambiental. No mesmo envío relacionábanse as administracións públicas a que se lles pedirá informe por se puideran considerarse afectadas.

Por Resolución do 25 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, acórdase non someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica a modificación puntual do Plan sectorial da rede viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas, xa que non se esperan consecuencias ambientais significativas, de acordo cos criterios establecidos na avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

Por outra banda, corresponde á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Axencia Galega de Infraestruturas, o impulso e tramitación da citada modificación do plan sectorial, de acordo co procedemento establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Actualmente o grao de cumprimento do plan sectorial é moi alto, cun 77 % das actuacións planificadas en servizo, o que supón máis de 65 quilómetros de vías executadas. Non entanto, dado o tempo transcorrido desde a aprobación do plan, é necesaria a adaptación das actuacións pendentes, ben porque exista un documento posterior cun grao de detalle maior que o considerado no plan sectorial, ben para atender solicitudes dos concellos afectados.

Considerando o disposto no artigo 25 da Lei 10/1995; no artigo 13 do Decreto 80/2000; no artigo 18 da Lei 21/2013, no artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, así como o determinado na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, é polo que, en concordacia con todas estas normas,

RESOLVO:

Someter a modificación do Plan sectorial da rede viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas, clave AC/12/116.00, ao trámite de información pública, durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderase examinar o expediente e formular as observacións e suxestións que se consideren convenientes, as cales se dirixirán á Axencia Galega de Infraestruturas e, para tales efectos, unha copia do expediente atoparase na Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela, no Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña e nos concellos de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas.

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) atópase á disposición dos interesados o documento da modificación do referido plan.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2014

Ethel Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas