Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se emprazan os interesados no procedemento 17/2014 polo que se impugna o Decreto 169/2013, do 14 de novembro, polo que se regulan os complementos das prestacións económicas nas situacións de incapacidade temporal e noutras situacións protexidas do persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza recibiu escrito da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se comunica o recurso contencioso-administrativo interposto por Francisco José Álvarez Morais, procedemento ordinario 17/2014, contra o Decreto 169/2013, do 14 de novembro, polo que se regulan os complementos das prestacións económicas nas situacións de incapacidade temporal e noutras situacións protexidas do persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia do 26 de novembro de 2013.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, remite o correspondente expediente administrativo á referida sala nesta data, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza