Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación dos servizos de administración e mantemento correctivo e evolutivo da plataforma de xestión de contidos web da web corporativa desta universidade (expediente 304/14).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, Campus das Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 304/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizos de administración e mantemento correctivo e evolutivo da plataforma de xestión de contidos web da web corporativa da Universidade de Vigo.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Campus das Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Prazo de execución: tres anos a partir do día seguinte ao da formalización do contrato. Non obstante, o contrato pode ser prorrogado por un máximo de dous anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) C.P.V.: 03 72267000-4. Servizos de mantemento e reparación de software.

g) C.P.A.: 62.02. Servizos de consultoría informática.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 205.000 €.

5. Orzamento base de licitación: 123.000 €. IVE: 25.830 €.

6. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría A.

a) Solvencia técnica e profesional: a que se indica respectivamente no número 12 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas, Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente: 1.300 euros.

Vigo, 13 de febreiro de 2014

Por delegación (R.R. 11.9.2013; DOG do 20 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente de Universidade de Vigo