Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no curso do procedemento de programa de realoxos por execucións hipotecarias, por medio do que se sinala comparecencia ao interesado que se relaciona no anexo.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por descoñecer o domicilio do interesado que se relaciona no anexo, emprázase este para que compareza no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4ª planta, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lle dará conta do acto que se lle intenta notificar.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen que o interesado compareza na oficina indicada, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2014

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra de la Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Anexo

Expediente: procedemento do programa de realoxos por execucións hipotecarias.

Nome do interesado: José Benigno Cameselle González.

Último domicilio coñecido: rúa barrio Calvario, nº 17, Caldelas de Tui, concello de Tui.

Indicación do contido do acto: resolución arquivamento de solicitude.