Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2014 polo que se lle notifica a Eurocontrol y Accesos, S.L. a Resolución do 30 de xaneiro de 2014, relativa ao procedemento de reintegro da subvención concedida ao abeiro da Orde do 19 de febreiro pola que se establecen as bases reguladoras e condicións do réxime de concesións para a súa adhesión e mantemento nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

Intentada a notificación, no último domicilio coñecido, a Eurocontrol y Accesos, S.L. (NIF B36917713) do acordo do 20 de novembro de 2013 de inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida á devandita empresa o 10 de xullo de 2007, non foi posible realizala. Polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procedeuse á notificación da devandita resolución no DOG do 23 de decembro de 2013 (DOG núm. 244) e no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo entre o 11 de decembro de 2013 e o 30 de decembro de 2013. Dado que non se efectuaron alegacións nos prazos legais concedidos, ditouse resolución de reintegro nos mesmos termos recollidos no acordo de inicio.

Os representantes da persoa xurídica interesada poderán examinar o expediente completo na Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental, situada en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución ditada, que pon fin a vía administrativa, procede a interposición de recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa nos termos do artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Con carácter previo e potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición desde o día seguinte ao da súa notificación, nos termos dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014

P.D. (Orde 15.3.2012)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas