Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 4/2014).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I ao proxecto de LMT DC Bargo-Fecha (expediente IN407A 04/141).

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea Bargo-Miramontes, a 20 kV, cunha lonxitude de 2,440 km, coa orixe en apoio de celosía existente na liña Bargo-Fecha (expediente 353/97) no tramo comprendido entre o CT Bargo (expediente 2782) e o CT Escaramuñas (expediente 117/95), en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 AL), e final no apoio existente, na liña Fecha-Bargo (expediente 7288), situado no tramo entre o CT Miramontes (expediente 7288) e derivada ao CT Brins (expediente 7269).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña