Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de desenvolvemento e fase de demostración dun sistema de xestión intelixente dos servizos de urxencias hospitalarias e puntos de atención continuada dentro do subproxecto H2050-1: sistemas de xestión intelixente en servizos de urxencias (AB-SER1-13-063).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-13-063.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento e fase de demostración dun sistema de xestión intelixente dos servizos de urxencias hospitalarias e puntos de atención continuada dentro do subproxecto H2050-1: sistemas de xestión intelixente en servizos de urxencias.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 174, do 12 de setembro de 2013.

Boletín Oficial del Estado nº 225, do 19 de setembro de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2013/S 180-310854, do 17 de setembro de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.457.820 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.457.820 euros. Importe total: 1.763.962,20 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 31.12.2013.

b) Data de formalización: 27.1.2014.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.355.769 euros. Importe total: 1.640.480,49 euros.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos