Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2014, da Zona de Recadación de Vigo, polo que se comunica a poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 7 de maio de 2014, ás 10.30 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo (sita na rúa Areal, nº 62, local 3, Vigo) celebrarase a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Debedora: Marisera, S.L. CIF: B36611614.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

1

Vehículo matrícula: 4176CNW, marca: Renault, modelo: Clio 2.0 V, tipo: turismo.

Bastidor: VF1CB1N0F29880943, data de matriculación: 21.11.2003.

3.600,00 €

Non constan

3.600,00 €

250,00 €

Debedora: Gabinete Apoyo Psicológico, S.L. CIF: B36906816.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

2

As facultades que integran a posición xurídica do comprador respecto ao ben que a seguir se describe, sobre o que figura inscrito contrato de financiamento a comprador con leasing, a favor do Banco Popular Español, o cal se atopa totalmente cancelado segundo certificado expedido pola entidade titular do leasing con data do 11.10.2013.

Vehículo matrícula: 4815BZF, marca: Audi, modelo: A4, tipo: turismo.

Bastidor: WAUZZZ8EX2A169972, data de matriculación: 2.8.2002.

4.310,00 €

Non constan

4.310,00 €

250,00 €

Debedora: Torrecedeira 104, S.L. CIF: B36983807.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

3

Predio de Vigo nº 76146.

Natureza urbana. Rocho.

Localización: avenida Sanjurjo Badía, 22, planta 1, nº orde: 8, cuota: cero enteiros, sete centésimas por cento.

Superficies: construída: tres metros, tres decímetros cadrados, terreo: cento corenta metros, corenta e nove decímetros cadrados.

Descrición: urbana. Oito. Rocho número sete en planta primeira do edificio sinalado co nº 22 da avenida de Sanjurjo Badía, de Vigo.

Mide uns tres metros tres decímetros cadrados. Estrema: fronte, corredor de acceso; costas, medianera co edificio lindante, dereita entrando, rocho número seis e corredor e esquerda, rocho número oito. Cuota de participación: cero enteiros sete centésimas por cento.

Titularidades: Torrecedeira 104, S.L., B36983807, 100,0000000 %. Totalidade do pleno dominio por título de compravenda.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Vigo, tomo 2589, libro 1382, folio 64, alta 2.

4.500,00 €

Non constan

4.500,00 €

500,00 €

Debedora: Balboricha Inmobiliaria, S.L. CIF: B36898450.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

4

Predio de Vigo nº 59779/4. Descrición do predio: urbano. Trinta. Espazo baixo cuberta a rochos, do edificio sinalado co número 200, hoxe 196, da avenida de Castrelos de Vigo. Ten unha superficie de cento vinte e dous metros e catorce decímetros cadrados e estrema, considerando o edificio desde a súa fronte, fronte: rocho anexo da vivenda predio número vinte e sete da división horizontal e aires da avenida de Castrelos; fondo, Cándido Comesaña e anexos das vivendas B e C, predios vinte e oito e vinte e nove da división horizontal; dereita entrando, Ruisan, Sociedade Limitada; e esquerda entrando, Ruisan Sociedade Limitada, e Silvio García. Están previstos, á dereita entrando baixo a cuberta, quince rochos numerados do un ao quince, ambos inclusive, cunha superficie respectiva de catro con vinte metros cadrados, tres con cero un metros cadrados, tres con cero nove metros cadrados, tres con cero sete metros cadrados, tres con cero seis metros cadrados, tres con vinte e sete metros cadrados, dous con trinta e seis metros cadrados, dous con vinte e tres metros cadrados, dous con vinte e tres metros cadrados, dous con vinte e tres metros cadrados, dous con vinte e tres metros cadrados, un con noventa e tres metros cadrados, dous con vinte e cinco metros cadrados, dous con vinte e tres metros cadrados e dous con vinte e tres metros cadrados. E outros cinco rochos, á esquerda baixo cuberta, números dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove e vinte, de superficie respectiva, oito con setenta e sete metros cadrados, once con catorce metros cadrados, sete con trinta e catro metros cadrados, sete con trinta e un metros cadrados e doce con sesenta e sete metros cadrados. Cota: 1,40 por cento. Unha vinteava parte indivisa do predio descrito que dá dereito á utilización en exclusiva do rocho sinalado co número cinco. O dito rocho ten a seguinte descrición: forma rectangular, ten un perímetro dun metro corenta centímetros por dous metros once centímetros, en total unha superficie útil de tres metros seis decímetros cadrados, aproximadamente. Estrema: fronte, corredor; fondo, cuberta da vivenda noveno C e noveno B; dereita, rocho número 4; e esquerda, rocho número 6.

Titularidades: Balboricha Inmobiliaria, S.L., B36898450, a totalidade do pleno dominio.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo, inscrición 3ª ao tomo 1902, libro 967, folio 17.

3.600,00 €

Non constan

3.600,00 €

500,00 €

5

Predio de Vigo nº: 72955/12, natureza urbana: rocho, localización: rúa Aragón, 92, planta: ent., nº orde: 10, cota: dous enteiros, setenta e nove centésimas por cento, superficies: construída: un metro, cincuenta decímetros cadrados. Estremas: fronte: zona de acceso, dereita: rocho número 16, esquerda: rocho número 18, fondo: rocho número 21. Descrición: unha vinteava parte indivisa do predio sito na entreplanta, integrante do edificio sinalado co número 92 da rúa Aragón. Rocho sinalado co número dezasete.

Titularidades: Balboricha Inmobiliaria, S.L. B36898450, 5 %, 1/20 do pleno dominio por título de compravenda.

Inscrición: Rexistro da Propiedade nº 2 de Vigo, tomo 2473, libro 1302, folio 125, predio 72955/12, alta 1.

4.000,00 €

Non constan

4.000,00 €

500,00 €

6

Urbano. Rocho número vinte e sete, sito na planta de soto primeiro e menos profundo denominado soto primeiro, dun edificio denominado Edificio Castiñeiros, sito nas rúas Castiñeiros e Progreso, da vila de Sanxenxo, ten unha superficie de tres metros cadrados. Estrema: fronte, por onde ten o seu acceso, praza de garaxe número 43; dereita entrando, rocho número 26; esquerda e fondo, rampla de acceso. Trátase dunha vinte e unha ava parte indivisa do predio 33.208, ao folio 168 do libro 345 de Sanxenxo, inscrición 1ª, que se concreta no rocho 27.

Titularidades: Balboricha Inmobiliaria, S.L., B36898450, totalidade do pleno dominio.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Cambados, tomo 1180 de Sanxenxo, libro 349, folio 127, predio 33208-T27.

3.500,00 €

Non constan

3.500,00 €

500,00 €

7

Urbano. Praza de garaxe número corenta e tres, sita na planta de soto primeiro ou menos profundo denominado soto primeiro, dun edificio denominado Edificio Castiñeiros, sito nas rúas Castiñeiros e Progreso, da vila de Sanxenxo, ten unha superficie de catorce metros con vinte e cinco decímetros cadrados. Estrema: fronte, por onde ten o seu acceso, zona de manobra; dereita entrando, rochos números 27 e 26; esquerda, praza de garaxe número 42; e fondo, en parte rampla de acceso.

Trátase dunha vinte e unha ava parte indivisa do predio 33.203, ao folio 168 do libro 345 de Sanxenxo, inscrición 1ª, que se concreta na praza de garaxe número 43.

Titularidades: Balboricha Inmobiliaria, S.L., B36898450, a totalidade do pleno dominio.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Cambados, tomo 1180 de Sanxenxo, libro 349, folio 126, predio 33208-G43.

17.500,00 €

Non constan

17.500,00 €

500,00 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Vigo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos nos cales sexa preciso, deberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade a súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, puxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedar bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo dun mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Vigo, 4 de febreiro de 2014

Javier Sánchez García
Recadador de Zona de Vigo