Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8127

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2014 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase a publicación dos convenios de colaboración asinados pola Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas no terceiro cuadrimestre do ano 2013 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2014

Rubén M. García González
Director xerente da Fundación Pública Galega
para a Tutela de Persoas Adultas

ANEXO

Convenio

Importe do convenio (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas, Funga, no proxecto de voluntariado a través de equipos de proximidade a persoas que viron modificada xudicialmente a súa capacidade de obrar desenvolvido pola Fundación Aldaba na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

4.9.2013