Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan varios interesados no curso do procedemento de segundas adxudicacións de vivendas de promoción pública para o concello de Pontevedra.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal aos interesados que se relacionan no anexo, emprázanse para que comparezan no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4ª planta, Pontevedra) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lles dará conta do acto que se lles intenta notificar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 4 de febreiro de 2014

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

Expediente: procedemento de segundas adxudicacións de vivendas de promoción pública para o concello de Pontevedra.

Nome dos interesados:

Marcelo Antonio Pereiras Ramos.

Nelly Inés Dorado Rodríguez.

Cleonilson Goncalves da Silva.

Iria Agulla Castro.

Indicación do contido do acto: requirimento de documentación.

Nome dos interesados:

Bernardo Martín Ragg Ibáñez de Opacua.

María Zaida Martínez González.

Indicación do contido do acto: trámite de audiencia.