Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/8-2, 8145 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: Se Ceao conexión trafo 1 132/20 kV e ampliación celas 20 kV.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– Conexión dun novo transformador de potencia de 30 MVA 132/20 kV denominado T1 (existente actualmente na instalación) ao resto do sistema.

– Apertura de ocos no forxado do edificio para a conexión das novas celas.

– Instalación de oito novas celas de 20 kV, seis de liña, unha de transformación e unha de medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de febreiro de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo