Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8628

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo

ANUNCIO da aprobación do expediente de contratación e dos pregos para a contratación do servizo de axuda no fogar.

Por Resolución da Alcaldía, do 28 de xaneiro, aprobouse o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas para a contratación, mediante procedemento aberto (con varios criterios de valoración), do servizo de axuda no fogar do concello de Cerdedo, de acordo co seguinte cadro de características:

Denominación: servizo de axuda no fogar do Concello de Cerdedo.

Orzamento total estimado: 70.000 euros.

Orzamento base licitación:

– 11,20 €/hora: luns a sábado.

– 12,50 €/hora: domingos e festivos.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do prezo estimado do contrato (IVE excluído).

Duración do contrato: un ano.

Criterios de adxudicación:

– Plan de prestación do servizo: 8 ptos.

– Melloras ofertadas: 3 ptos.

– Oferta económica: 1 ptos.

Información: o prego de cláusulas deste contrato estará á disposición dos interesados na Administración xeral do concello ou consultando o perfil do contratante.

Proposicións: poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, das 8.00 ás 14.00 horas, durante o prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao do último anuncio da licitación que se publique no Boletín Oficial da provincia ou no DOG.

Gastos dos anuncios: os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cerdedo, 4 de febreiro de 2014

Silvestre José Balseiros Guinarte
Alcalde