Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8632

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2014 pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de asistencia e apoio administrativo e técnico para a realización de traballos de actualización e mantemento catastral.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2278.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de asistencia e apoio administrativo e técnico para a realización de traballos de actualización e mantemento catastral do termo municipal de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: tres (3) anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 751300000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

1) Oferta económica: ata 51 puntos.

2) Entrega da descrición do proceso de execución dos traballos: ata 44 puntos:

– En canto aos traballos de colaboración na tramitación de expedientes de alteración de orde física ou económica: de 0 a 34 puntos.

– En canto aos traballos relativos á investigación de titularidade catastral de inmobles: de 0 a 7 puntos.

– Traballos de colaboración na actualización da dirección de parcelas urbanas: de 0 a 3 puntos.

3) Entrega de documentación gráfica en soporte informático: puntuación máxima de 2 puntos.

4) Colaboración na implantación do procedemento de comunicación previsto no artigo 14.b) do Texto refundido da Lei do catastro inmobiliario, no caso de que o concello así o decida: asignarase directamente 1 punto.

5) Integración da documentación xerada durante a execución do contrato: asignarase directamente 1 punto.

6) Actualización da cartografía catastral: asignarase directamente 1 punto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 340.000,00 euros.

b) O tipo de licitación establécese nunha baixa única sobre os prezos unitarios establecidos no prego.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: á cantidade de 261.250,00 euros aplicaráselle a porcentaxe que oferta o licitador. Á cantidade resultante aplicaráselle o 5 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 12.1.4 do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 12.1.5 de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, número 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous (2) meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, Praza Maior, número 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 19 de febreiro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde