Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Verín (expediente IN407A 2014/6-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32000 Velle.

Denominación: LMT e CT rúa Lisa, nº 14.

Situación: Verín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV de 180 m con condutor RHZ1-12/12 3×240 Al e orixe na LMT existente ao CT Luis Espada (32SAK7) e remate na LMT ao CT Luis Espada, 38 (32CDPS) con entrada e saída no CT proxectado non prefabricado rúa Lisa, nº 14 de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 32.443,12 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da
instalación.

Ourense, 6 de febreiro de 2014

P.S.L. ( Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial