Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8722

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca, para a súa cobertura, polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefe do Servizo de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora.

O xerente de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria, para a súa cobertura, polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe do Servizo de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios de Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro de Xestión Integrada da Coruña, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 4 de febreiro de 2014

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe do Servizo de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A1.

Nº de vacantes: 1.