Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8726

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (110/2012).

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes.

Sentenza: 6/2014.

Filiación 110/2012.

Sentenza.

Ordes, 21 de xaneiro de 2014.

Vistos por min, José Manuel Pérez Maside, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, os autos de filiación co número indicado, no cal foron parte, como demandante, María del Carmen García Fraga, representada pola procuradora Sra. Cabanas Prada e asistida pola letrada Sra. Santos Gende; como demandados, Dolores García Fraga, Josefa García Fraga, Celestino García Fraga e os herdeiros descoñecidos e incertos de Luís Lamas Buño e demais persoas ás cales prexudique a declaración de filiación –todos eles en situación de rebeldía procesual–, e Manuel Lamas Buño, Carmen Lamas Buño, María Lamas Buño, representados pola procuradora Sra. Martín Aláez e asistidos polo letrado Sr. Castro Pombo; e o Ministerio Fiscal, recaeu a presente con base nos seguintes.

Decido que, desestimando integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Cabanas Prada en nome e representación de María del Carmen García Fraga contra Manuel Lamas Buño, Carmen Lamas Buño, María Lamas Buño, Dolores García Fraga, Josefa García Fraga, Celestino García Fraga e contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Luís Lamas Buño e demais persoas ás cales prexudique a declaración de filiación, debo absolver e absolvo a todos eles de todas as pretensións formuladas na súa contra.

Impóñense as custas procesuais á parte demandante.

A presente resolución non é firme, e fronte a ela poderá interpoñerse, por escrito, ante este xulgado, dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Todo o que pretenda interpoñer recurso contra sentenzas ou autos que poñan fin ao proceso ou impidan a súa continuación, consignará como depósito 50 euros, se se trata de recurso de apelación.

A admisión do recurso precisará que, ao prepararse este se consignase na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións, aberta a nome do xulgado ou do tribunal, a cantidade obxecto de depósito, o que se deberá acreditar.

Non se admitirá a trámite ningún recurso cuxo depósito non estea constituído.

Se se estimar total ou parcialmente o recurso, na mesma resolución dispoñerase a devolución da totalidade do depósito.

Cando o órgano xurisdicional inadmita o recurso ou confirme a resolución impugnada, o recorrente perderá o depósito, ao que se dará o destino previsto nesta disposición.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Dolores García Fraga e Josefa García Fraga, así como para que sirva de notificación aos herdeiros descoñecidos e incertos de Luis Lamas Buño, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ordes, 21 de xaneiro de 2014

O/a secretario/a xudicial