Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre almacenaxe de equipamentos para a construción no polígono industrial Río do Pozo.

Rubén Pantín Vivero solicitou da Alcaldía licenza municipal para a instalación dunha actividade de almacenaxe de equipamentos para a construción na parcela 39-sector I do polígono industrial Río do Pozo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 29 de xaneiro de 2014

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral