Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2013/191).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Industrial, S.L.U.

Domicilio social: Cernadas, Portomouro, 15871 Val do Dubra (A Coruña).

Denominación: mellora da calidade de subministración no CT Pé do Boi, en Santa Cristina de Fecha (expediente 5958).

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Instalación en caseta existente de CT 50 kVA cunha relación de transformación de 20.000/420-242 V. Cadro BT 4S 1600, 4 celas blindadas MT 24 kV. Concentrador telexestión. Realizaranse 3 PAS cara ao interior do centro de transformación desde apoio existente.

Liña de baixa tensión baixo tubo, con condutor BT XZ1 1x150 mm2, de 25 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación desta resolución.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña