Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza para os centros docentes non universitarios dependentes desta consellería (expediente 1/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza para varios centros docentes non universitarios dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa (Igafa), Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, aulas de formación pesqueira (AFP) de Cariño, Burela e Celeiro.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19885

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 236, do 11 de decembro de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 138.303,00 €. IVE (21 %): 29.043,63 €. Importe total: 167.346,63 €.

Valor estimado: 138.303,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 28 de xaneiro de 2014.

b) Adxudicataria: Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A.

c) Importe: 135.240,00 € (sen IVE).

IVE 21%: 28.400,40 €.

Importe total: 163.640,40 €.

d) Data de formalización do contrato: 31 de xaneiro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa, xa que ofertou o prezo máis baixo, único criterio de valoración.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG número 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar