María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 295/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Blanco Serantes, Daniel Marzoa Fandiño, Laureana Trigo García, Pablo Mejia Blanco e Ismael Alves Souto contra a empresa Buzoneos Galicia, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, ditouse resolución o 7.2.2014 dirixida entre outros a Buzoneos Galicia, S.L., contra a cal non cabe interpoñer recurso ningún. Os interesados poden ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Buzoneos Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 7 de febreiro de 2014
A secretaria xudicial