Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9209

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle (FG 592).

Por Resolución desta Alcaldía nº 696, con data do 17 de febreiro de 2014, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela nº 51 da avenida Concepción Arenal, en Santa Cruz, Oleiros.

De conformidade co artigo 86.2 da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo vinte días, para os efectos de presentación das alegacións que se xulguen oportunas.

Oleiros, 19 de febreiro de 2014

Ángel García Seoane
Alcalde presidente