Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9207

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre o texto inicial do convenio urbanístico de planeamento para a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O 4 de febreiro de 2014, tras a oportuna negociación, subscribiuse co propietario da parcela con referencia catastral 64876623PG6968N0001PJ o texto inicial do convenio urbanístico de planeamento para a modificación puntual do PXOM do Barco de Valdeorras co obxecto de ordenar volumes para mellorar a habitabilidade e accesibilidade sen alterar a superficie edificable actual pero permitindo unha planta máis para poder alixeirar os actuais fondos edificables en función das novas demandas arquitectónicas, nas parcelas catastrais números 20, 22 e 23 do quinteiro 64876 da vila do Barco de Valdeorras, co que o Concello do Barco de Valdeorras adquirirá gratuitamente a propiedade de 350 metros cadrados de solo destinado a infraestruturas/dotacións.

De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado, nas dependencias municipais do Concello do Barco de Valdeorras, por calquera interesado, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

O Barco de Valdeorras, 7 de febreiro de 2014

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde