Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de febreiro de 2014 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento dun inmoble situado no concello da Coruña e se declara deserta a adxudicación doutros inmobles.

Mediante as ordes do 20 de novembro de 2012, 4 de xullo de 2013 e 13 de novembro de 2013, da Consellería de Facenda, foi autorizado o alleamento, mediante poxa, duns inmobles situados nos concellos da Coruña, Ferrol, Coirós, Cabanas, Santa Comba e Culleredo.

Logo de publicarse o 9 de xaneiro 2014 no Diario Oficial de Galicia número 5, e en xornais de ampla difusión (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e El Correo Gallego do mesmo día), o Anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 5 de febreiro de 2014 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a seguinte adxudicación:

A Antonio García Gómez, polo prezo de 62.302,63 euros, o local de 62,73 m2 de superficie construída e 54,43 m2 útiles, situado na avenida de Fisterra, nº 227-229 da Coruña, que conta con acceso independente pola avenida de Fisterra da cidade da Coruña. Linda: fronte ou norte, avenida de Fisterra; dereita entrando ou oeste, edificio de vivendas, portal nº 231 da avenida de Fisterra; esquerda ou leste, local nº 2 desta división; fondo ou sur, local nº 1 desta división. Cota de participación: 1,31 %. Referencia catastral: 7210303NJ4071S0002DO.
Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 da Coruña como predio nº 98.755, tomo 1.878, libro 1.878 e folio 128.

Segundo. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación dos seguintes bens inmobles:

1) Piso primeiro dereita, do inmoble sinalado co nº 56 da rúa Federico Tapia da Coruña. A superficie útil é de 117,50 m2 e linda: fronte, espazo sobre a rúa Federico Tapia; dereita entrando, o piso primeiro dereita da mesma planta e, en parte, a caixa de escaleiras da casa; esquerda, casa de Juan Castro Mosquera; e traseira, espazo sobre o patio posterior do edificio. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña, no tomo 2.373, libro 2.373, folio 151, predio 58.596. Referencia catastral: 8213002NJ4081S0004XG.

Piso primeiro esquerda, do inmoble sinalado co nº 56 da rúa Federico Tapia da Coruña. A superficie útil é de 115 m2 e linda: fronte, espazo sobre a rúa Federico Tapia; dereita entrando, edificio do Instituto Nacional de Previsión; esquerda, o piso primeiro dereita da mesma planta e, en parte, a caixa do ascensor da casa; traseira, espazo sobre o patio posterior do edificio. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 157, predio 58.598. Referencia catastral: 8213002NJ4081S0005MH.

Praza de garaxe nº 6, do inmoble situado no nº 56 da rúa Federico Tapia (nº 22 segundo rexistro), constituído por un sector do soto destinado a garaxe, dunha superficie de 9,8 m2, e linda: fronte, predio horizontal nº 1; dereita, entrada praza de garaxe nº 5; esquerda, praza de garaxe nº 7; e traseira, herdeiros de Manuel García. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 163, predio 63.222.

Praza de garaxe nº 7, do inmoble situado no nº 56 da rúa Federico Tapia (nº 22 segundo rexistro), constituído por un sector do soto destinado a garaxe, dunha superficie de 9,1 m2, que linda: fronte, o predio horizontal número un; dereita entrando, a praza de garaxe nº 6; esquerda, praza de garaxe nº 8; e traseira, dos herdeiros de Manuel García. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 168, predio 63.224.

18,18 % do predio horizontal numero un, que está formado por un sector da planta do soto da mesma casa nº 56, cun pequeno aseo, e pola rampla de acceso ao dito soto. Ten unha superficie de 116,62 m2 e linda: fronte, na entrada da rampla, coa rúa Federico Tapia e o resto coas prazas de garaxe nº 1, 2, 10 e 11 e o rocho, o departamento en que está colocado o depósito de combustible e unha parte coa parede que separa do subsolo da rúa Federico Tapia; traseira, sala de instalacións e as prazas de garaxe nº 4, 5, 6, 7 e 8; dereita, entrando, a praza de garaxe nº 3; esquerda, casa de Juan Castro Mosquera. Linda, ademais, interiormente, coa praza de garaxe nº 9. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 1.857, libro 1.857, folio 8, predio 63.210.

Tipo de licitación primeira poxa: 465.399,90 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 395.589,92 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 325.779,93 euros.

2) Casa sinalada co nº 28 da rúa Dolores da cidade de Ferrol, composta de baixo, primeiro, segundo, terceiro, ático e patio unido, de 578 m2 segundo Catastro. Linda á dereita; con casa de Victoria Carballo; á esquerda, con Pilar Carrete; ao fondo con Arsenio Lorenzo Barreiro; e fronte, coa rúa Dolores. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como predio 3.925, tomo 661, libro 128, folio 11. Segundo consta no Rexistro da Propiedade, conta cunha superficie construída de ocupación de 132,75 m2. Referencia catastral: 1949503NJ6115S0001DS.

Tipo de licitación primeira poxa pública: 268.625,90 euros.

Tipo de licitación segunda poxa pública: 228.332,02 euros.

Tipo de licitación terceira poxa pública: 188.038,13 euros.

3) Parcela nº 599, situada no lugar de Cortiñas, parroquia de Santa María de Ois, concello de Coirós (A Coruña), cunha superficie aproximada de 185 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, Elvira Fraga Rivera (598) e Ángela Pato Sánchez (600); sur, camiño; leste, Ángela Pato Sánchez (600); e oeste, Elvira Fraga Rivera (598). Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos como predio nº 6.950, tomo 1.414, libro 81 e folio 193. Referencia catastral: 1470604NH7817S0001AJ.

Tipo de licitación primeira poxa pública: 2.771,55 euros.

Tipo de licitación segunda poxa pública: 2.355,82 euros.

Tipo de licitación terceira poxa pública: 1.940,09 euros.

4) Parcela Barrosa, situada no lugar de Fontao, concello de Cabanas (A Coruña), cunha superficie aproximada de 383,5 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, camiño ao lugar da Torre; sur, estrada das Pontes de García Rodríguez; leste, Emilio López Arnoso; e oeste, Emilio López Arnoso. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontedeume como predio nº 5.249, tomo 499, libro 52 e folio 91. Referencia catastral: 7882407NJ6078S0001YD.

Tipo de licitación primeira poxa: 21.454,52 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 18.236,34 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 15.018,16 euros.

5) Parcela nº 797, de 3.220 m2, situada no lugar da Xesteira, concello de Santa Comba. Adxudicada na acta de reorganización de propiedade resultante da concentración parcelaria da zona de Fontecada. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.249, tomo 799, libro 167 e folio 23. Referencia catastral: 15078A510007970000PR.

Tipo de licitación primeira poxa: 6.632,36 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 5.637,51 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 4.642,65 euros.

6) Parcela C, situada en Santo Estevo de Culleredo (Culleredo), cunha superficie aproximada de 807,49 m2, que, segundo o rexistro da propiedade linda: norte, parcela B anterior; sur, parcela D seguinte; leste, rúa da Constitución; e oeste, Juan de la Cruz López. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña nº 3 como predio nº 33.856, tomo 3.127, libro 437 e folio 12. Referencia catastral: 9530728NH4993S0001KL.

Tipo de licitación primeira poxa: 17.089,20 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 14.525,82 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 11.962,44 euros.

7) Parcela C, situada en Santo Estevo de Culleredo (Culleredo), cunha superficie aproximada de 809,12 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte parcela C anterior; sur e leste, rúa Constitución; e oeste, Benito Catoira Garaboa. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña nº 3 como predio nº 33.857, tomo 3.127, libro 437 e folio 15. Referencia catastral: 9530729NH4993S0001RL.

Tipo de licitación primeira poxa: 17.110,35 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 14.543,80 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 11.977,25 euros.

8) Parcela urbana, pertencente á unidade de actuación urbanística UA-24, dunha superficie de 756 m2 segundo o rexistro da propiedade e 919 m2 segundo Catastro, situada ao oeste da súa matriz, na rúa Alcalde Domingo Sierra do concello de Culleredo, que linda: norte, comunidade de propietarios, edificio nº 19 da rúa Alcalde Domingo Sierra; sur, comunidade de propietarios, edificio nº 11 (n2-17) da rúa Domingo Sierra; leste, rúa Alcalde Domingo Sierra, da súa situación; oeste, comunidade de propietarios, edificio nº 94 da avenida de Vilaboa. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Culleredo como predio nº 42.546, libro 681, folio 22, inscrición primeira. Referencia catastral: 0563986NH5906S0001ZM.

Tipo de licitación primeira poxa: 605.880 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 514.998 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 424.116 euros.

Terceiro. O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Cuarto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2014

P.D. (Orde 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda