Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Comercio, sobre elección de vacantes de tres vogalías no Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo e procedemento para a súa provisión.

A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo comunicou á Dirección Xeral de Comercio as vacantes de tres vogais dos elixidos por proposta das organizacións empresariais. De conformidade co previsto no artigo 61 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, o procedemento da súa provisión tramitarase de acordo cos seguintes preceptos do citado regulamento:

Primeiro. No prazo dos 15 días hábiles seguintes á data de publicación deste anuncio no DOG, as organizacións empresariais máis representativas, segundo os criterios definidos no artigo 28, presentarán ante a Xunta Electoral a lista das súas candidaturas, que deberán cumprir os requisitos sinalados nos artigos 29 e 30.

Segundo. A elección para prover as vacantes axustarase ao que dispoñen os capítulos VI, IX e X do título I.

Terceiro. As competencias propias da Xunta Electoral asumiraas o Comité Executivo da dita Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, con sede na da propia entidade, avenida Ramón Ferreiro, 18, Lugo.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2014

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio