Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9348

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (16/2014).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 16/2014.

Demandante: Laura Cereijo Míguez.

Demandados: Limpiezas El Polígono, S.L. e Áncora Hispania, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 16/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Cereijo Míguez contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. e Áncora Hispania, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto con data do 10 de febreiro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Laura Cereijo Míguez fronte a Limpiezas El Polígono, S.L. e Áncora Hispania, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes e a Limpiezas El Polígono, S.L. por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

Así o acorda e asina o maxistrado xuíz. Dou fe.

O maxistrado xuíz A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Limpiezas El Polígono, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial