Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9417

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza-Cesuras

ANUNCIO de información pública sobre estación base de telefonía móbil en Xueiras (Trasanquelos).

Vodafone España, S.A.U., solicita neste concello licenza municipal para instalar a actividade de estación base de telefonía móvil na parcela 957 do polígono 44 do catastro de rústica deste concello, sita no lugar de Xueiras, parroquia de Trasanquelos.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008 (DOG do 12 de xuño), polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o seguinte día hábil ao da última publicación deste anuncio– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Oza-Cesuras, 14 de xaneiro de 2014

José Pablo González Cacheiro
Presidente da Comisión Xestora