Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.
Denominación: recuamento provisional en r/ Castelao.
Situación: concello de Sarria.
Características técnicas:
– LMTA illada trenzada con orixe nun paso aéreo a subterráneo situado nun apoio proxectado tipo HVH 17/2500 e final nun paso aéreo a subterráneo situado nun apoio proxectado tipo HVH 13/2500, cunha lonxitude de 35 metros en condutor tipo RS 12/20 3×150 mm2.
– LMTS en r/ Castelao, con orixe na LMT a CT Pza. Galicia 17 (27CV37) e final na LMT a Urbanización Puerto Seco 2 (27CV07), cunha lonxitude de 270 metros en condutor RHZ1 12/20 kV 3×240 mm2.
– CT r/ Castelao, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400.
– RBTS baixo tubo con orixe no CT Castelao, cunha lonxitude de 35 metros, en condutor tipo XZ.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.
Lugo, 11 de febreiro de 2014
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo