Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 18 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola cal se informa do trámite de audiencia das subvencións concedidas aos expedientes CT221C 2012/64, 65, 66, 67, 68, 70, 71, 72, 73 e 74.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 84 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o trámite de audiencia das subvencións concedidas mediante Resolución do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 16 de outubro de 2012.

Faise saber que pode alegar o que xulgue pertinente no prazo non superior a quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto coa advertencia de que, de non facelo así, se procederá a ditar resolución de revogación.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2014

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura

Anexo

Entidade: Editorial Danu.

NIF: B15741895.

Enderezo: rúa Tras do Pilar, nº 6, 2, 15701 Santiago de Compostela.

Número de expedientes: CT221C 2012/64, 65, 66, 67, 68, 70, 71, 72, 73 e 74.

Orde de convocatoria da subvención: 24 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción, produción e edición do libro galego no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e a tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.