Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9748

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Peroxa

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobada inicialmente a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal da Peroxa polo Pleno deste concello, sométese de novo a información pública durante o prazo de dous meses contados a partir da inserción deste anuncio no DOG.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera persoa física ou xurídica na Secretaría do concello, en horario de oficina, e formular as alegacións ou observacións que xulguen pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas durante seis meses no ámbito do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñen a modificación urbanística vixente.

A Peroxa, 31 de xaneiro de 2014

Manuel Seoane Rodríguez
Alcalde