Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9663

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2014 pola que se amplía a dotación orzamentaria prevista inicialmente na Resolución do 23 de decembro de 2013, que estableceu as bases reguladoras e a posterior convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética referidos á renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia (ILE), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Mediante a Resolución do 23 de decembro de 2013, desta dirección referida no encabezamento, publicada no Diario Oficial de Galicia número 18, do 28 de xaneiro de 2014, acordouse a aprobación das bases reguladoras xunto coa convocatoria de subvencións, cuxo procedemento administrativo de concesión se tramitará en réxime de concorrencia competitiva, para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia baseadas en tecnoloxías obsoletas por outras máis eficientes, co conseguinte aforro enerxético.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, a convocatoria de axudas tramitouse anticipadamente sobre a base do disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e financiarase con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para o ano 2014, sendo a procedencia dos fondos de diversa natureza: fondos propios do Inega, fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 e Fondos de Compensación Interterritorial (FCI) que cofinancian.

O artigo 3 das bases reguladoras relativo ao financiamento prevé unha dotación inicial de 2.966.956 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0. Porén, no parágrafo segundo dese mesmo artigo establécese a posibilidade de incrementar o crédito coa condición dunha maior dispoñibilidade derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Unha das circunstancias que habilitan a ampliación do crédito é a recollida na letra c) do citado artigo 30.2, que remite directamente ao parágrafo 3º do artigo 25 xa comentado, en referencia á posibilidade de aumentar a contía máxima fixada na convocatoria como consecuencia de que o crédito orzamentario que resulte aprobado na Lei de orzamentos fose superior á contía estimada de inicio, podendo aplicarse o dito incremento a financiar a presente convocatoria.

Polo anteriormente exposto, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista para esta convocatoria na contía de 1.625.000 euros, polo que o importe total asignado para estas axudas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0 tras esta ampliación ascende a 4.591.956 euros, de acordo coas variacións recollidas na seguinte táboa:

Financiamento previsto inicialmente nas bases reguladoras

Variacións

(€)

Importe

definitivo

(€)

Modalidade de fondos

Importe

inicial

(€)

Fondos propios do Inega

2.466.956

1.000.000

3.466.956

Fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013

400.000

500.000

900.000

Fondos de Compensación Interterritorial que cofinancian

100.000

125.000

225.000

Total

2.966.956

1.625.000

4.591.956

Segundo. Esta ampliación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia