Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9764

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 24/2014, do 27 de febreiro, polo que se deixa sen efecto o Decreto 396/2009, do 8 de outubro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do eixe de comunicacións A-52-fronteira portuguesa. Treito I: VAC A52-Celanova sur. Treito II: Celanova sur-fronteira portuguesa. Clave OU/01/101.01.75, no que afecta o treito II da actuación.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, desenvolve a súa competencia en materia de estradas de acordo co artigo 27.8 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Dado que as obras finalmente executadas conforme o proxecto modificado nº 1 de construción da actuación eixe de comunicacións A-52-fronteira portuguesa, non requiriron ocupar todos os terreos que declarara de necesaria e urxente ocupación o Decreto 396/2009, do 8 de outubro, e que estas se atopan rematadas e, en consecuencia, non será necesaria no futuro a ocupación deses terreos, xustifícase deixar sen efecto o dito decreto no que afecta o treito II da actuación, dado que non cumpre ningunha función concreta.

En virtude de todo o exposto, e en aplicación do artigo 28.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de febreiro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo único.

Deixar sen efecto o Decreto 396/2009, do 8 de outubro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do eixe de comunicacións A-52 – fronteira portuguesa. Clave OU/01/101.01.75 no que afecta o treito II da actuación.

Santiago de Compostela, vinte e sete de febreiro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas