Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publica o cambio de titularidade do contrato de xestión do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral V-7052; XG-426 Melide-Antas de Ulla-Chantada, con anexos.

A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante acordo directivo do 11 de setembro de 2013, autorizou o cambio de titularidade do contrato V-7052;XG-426 a favor da empresa Luis Díaz Almuíña, S.L. por cesión do seu anterior titular, Luis Díaz Almuíña.

O que se publica unha vez que se cumpriron os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo contratista nos dereitos e obrigas do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2014

María del Camino Triguero Salas
Directora xeral de Mobilidade