Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación da subministración sucesiva de contedores de residuos, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (MS-EIV1-14-005).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3. Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4. Teléfono: 986 21 92 33.

5. Telefax: 986 21 91 50.

6. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborais excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: MS-EIV1-14-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de contedores de residuos para centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 44613800-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se for o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto

Puntuación

Oferta económica

80

Características técnicas

20

4. Valor estimado do contrato: 169.486,44 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 84.743,22 €. IVE (21 %) 17.796,08 €. Importe total: 102.539,30 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro do Hospital Nicolás Peña.

2. Domicilio: avda. de las Camelias, nº 109.

3. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas Hospital Nicolás Peña, avda. das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Importe máximo estimado: 1.000,00 €.

Vigo, 5 de febreiro de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo