Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de febreiro de 2014 pola que se dá traslado da orde de suspensión das obras (expediente PON/33/2014-S1), devolta polo servizo de Correos por resultaren os interesados ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 27 de xaneiro de 2014 orde de suspensión das obras que se executan en solo de núcleo rural sen a preceptiva licenza urbanística municipal, consistentes na construción dunha edificación auxiliar na rúa Castelo, parroquia de Parada, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra; a retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra suspendida e a maquinaria afecta a ela; e a suspensión das correspondentes subministracións de auga, electricidade, gas e telecomunicacións das obras que se ordena paralizar.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da orde de suspensión a Mercedes Ramilo Alves e Plácido Penedo Ramilo, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados a devandita orde.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da orde de suspensión que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita orde de suspensión da actividade, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística