Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10853

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (720/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 18 de febreiro de 2014 no proceso seguido por instancia de Revesgran, S.L. e Ricardo Viña Fraga contra o INSS, TXSS, Revesgran, S.L., Agrupconsa, S.L., a administración concursal de Revesgran, S.L. e a administración concursal de Agrupconsa, S.L., en reclamación por seguridade social, se rexistrou co número 720/2012 e se acordou notificarlle á administración concursal de Revesgran, S.L. e a administración concursal de Agrupconsa, S.L. a decisión de sentenza seguinte:

«Decisión:

Debo desestimar e desestimo integramente a demanda interposta por Revesgrán, S.L. fronte a José Ricardo Viña Fraga, TXSS, INSS, Agrupconsa, S.L. e a administración concursal da empresa, así como a demanda interposta por José Ricardo Viña Fraga fronte ao INSS, Revesgrán, S.L., Agrupconsa, S.L. e as respectivas administracións concursais, e absolvo as respectivas partes demandadas das pretensións formuladas de adverso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banco Santander, a nome deste xulgado, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A seguir expídase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á administración concursal de Revesgran, S.L. e á administración concursal de Agrupconsa, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial