Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10810

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 13 de febreiro de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial.

Detectado erro na referida resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 41, do 28 de febreiro de 2014, faise necesario realizar a oportuna corrección:

Na páxina 8700, onde di: «Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANACA)», debe dicir: «Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)».