Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos, non suxeito a regulación harmonizada, de montaxe da exposición temporal Auga Doce, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, mediante tramitación anticipada.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 30 de decembro de 2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de montaxe das obras de arte da exposición temporal Auga Doce.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 196.660 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13 de febreiro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 21 de febreiro de 2014.

c) Adxudicataria: Produccións e Xestión Cultural, S.L.

d) Importe de adxudicación: 186.827 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia