Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de febreiro de 2014 pola que se notifica a resolución de liquidación provisional subsidiaria.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, con data do 4 de febreiro de 2014, resolución pola que se acorda a liquidación provisional de gastos de execución subsidiaria por conta de Rafael Vicente Fraga Fariñas das obras de demolición derivada do expediente 107B 2002/44-0 no lugar de praia Lobeiras-Arou, termo municipal de Camariñas, provincia da Coruña.

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer alternativamente o recurso de reposición potestativo no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou o acto, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa daquel ou ata a súa desestimación por silencio administrativo.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística