Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11076

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2014 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico especialista de investigación, especialidade física, grupo III, desta universidade.

Mediante Resolución reitoral do 17 de outubro de 2013 (DOG do 31 de outubro e BOE do 22 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade física, grupo III, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución reitoral do 15 de xaneiro de 2014 (DOG do 30 de xaneiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na páxina web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna están exentas de realizar o primeiro exercicio por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna á realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 21 de maio de 2014, ás 10.00 horas, no Gabinete de Contactoloxía da Facultade de Óptica e Optometría, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

De non cubrirse a vacante por promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do segundo exercicio da primeira fase mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no DOG.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela