Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11093

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (915/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber:

Sentenza.

A Coruña, 21 de febreiro de 2014.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 915/2012 seguidos por instancia de Manuel Ángel Fandiño López, e José Francisco Martínez Estrada, asistido polo letrado Antonio Pousa Merens, contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece, a entidade Protección y Seguridad Técnica, S.A., representada por Mario José Alonso Fernández, o Concello da Coruña, representado pola letrada María José Macías Mourelle, e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, sobre reclamación de cantidade –salarios–.

Ditamino que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Ángel Fandiño López e José Francisco Martínez Estrada contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia S.A., a que aboe a Manuel Ángel Fandiño López a cantidade de 7.141,17 € brutos e José Francisco Martínez Estrada a cantidade de 5.806,9 € brutos, polos salarios devindicados entre abril e xullo de 2012, e paga de beneficios de 2012, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Ángel Fandiño López e José Francisco Martínez Estrada, contra a entidade Protección y Seguridad Técnica, S.A., (Prosetecnisa) y o Concello da Coruña, e, en consecuencia, debo absolvelas das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado con número 47570000 código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a empresa Esabe Vigilancia, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial