Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11159

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de información pública relativo a unha adega en San Lourenzo (Goián).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Martín Crusat Cañada solicita licenza de obra e de actividade para adega, que se realizará no barrio de San Lourenzo, 16, parroquia de Goián, deste termo municipal, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo polo actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no rexistro xeral deste concello no prazo de vinte (20) días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Tomiño, 24 de febreiro de 2014

Sandra González Álvarez
Alcaldesa