Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11366

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da oposición.

En sesión que tivo lugar o día 24 de febreiro de 2014 constituíuse o tribunal nomeado pola Orde do 16 de xullo de 2013 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, e acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día tres (3) de abril de 2014, nas aulas nº 13, 16 e 17 da Escola Galega de Administracións Públicas, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal