Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador en materia de conservación da natureza LU-CON-2009/0018.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo, á súa escolla, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición do seu domicilio ou o de Lugo, por ser a sede do órgano administrativo que ditou o acto orixinario impugnado, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente número: LU-CON-2009/0018.

Interesado: Motoclub Merindad de Montija.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: avenida Doctor Toledo, nº 44, 28230 Las Rozas (Madrid).