Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11376

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data, pola que se modifican as resolucións 1/2013 a 4/2013, ambas as dúas incluídas, relativas ás convocatorias para a cobertura de diversas xefaturas de servizo.

A Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, en virtude das competencias atribuídas na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da resolución pola que se modifican as resolucións 1/2013, 2/2013, 3/2013, 4/2013 (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro de 2014), relativas ás convocatorias para cobertura de diversas xefaturas de servizo.

A citada resolución estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Vigo, 24 de febreiro de 2014

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo