Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11385

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (605/2013).

Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primiera Instancia número 6 de Santiago de Compostela,

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio seguido por instancia de Enrique Martínez Rodríguez contra Alda María Maciel Gómez foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvo.

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Regueiro Muñoz en nome e representación de Enrique Martínez Rodríguez, asistido da letrada Sra. Millán Acosta, contra Alda María Maciel Gómez, maior de idade, indicada en autos, declarada en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal por non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes no día 13.6.2008 en Santiago de Compostela, inscrito no tomo 101, páxina 13 do Rexistro Civil desa localidade, pois que concorre a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Unha vez firme esta resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito previsto na D.A. décimo quinta da LOPX.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta a miña sentenza, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia nº 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.»

E encontrándose a devandita demandada, Alda María Maciel Gómez, en paradoiro descoñecido, expídese este documento para que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial