Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11459

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade no Servizo de Prevención e Asistencia a Drogodependentes (SPAD).

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: vixilancia e seguridade no Servizo de Prevención e Asistencia a Drogodependentes (SPAD).

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 2 anos, prorrogables por anualidades ata un máximo de dúas (duración total do contrato, incluídas as posibles prórrogas: 4 anos).

Código CPV: 79713000-5 (servizos de gardas de seguridade).

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Sen IVE: 52.450,56 €

IVE (21 %): 11.014,62 €

Total (IVE incluído): 63.465,18 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 dos pregos.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si. As indicadas no anexo IX do PCAP.

9. Apertura dos sobres B e C. Entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xere a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 euros, así como os demais indicados na cláusula 22 en relación co anexo I, número 27, do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 5 de marzo de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde